A Gaitoterapia

será d'hoxe en diante, para gallegas y gallegos a meiciña enxebre, a úneca farmacopea en uso constante, e serán gaiteiros os médecos y-os boticarios os tamborileiros

Valentín Lamas Carvajal, 1885

Benvido a Gaita.gal

¡Descubre o último contido disponible na nosa web! Traballamos duro para traer os mellores artigos, entrevistas e materiais orixinales relativos ao mundo da gaita. Podes apuntarte á nosa newsletter — próximamente disponible — e apoiarnos nas nosas canles.

¡Facémolo con todo o cariño!


Repertorio

Estamos traballando no desenvolvemento da nosa ferramenta de repertorio para achegarvos a todos, gaiteiros profesionais e principiantes, o repertorio máis completo e verificado.

¡Isto está coma un palleiro!

Posto que estamos de estrea podédevos imaxinar que isto, como reza o título, está ‘coma un palleiro’. De momento estamos a traballar en todolos materiais que queremos ofrecer no portal. Máis adiante, virán contidos en vídeo, intentaremos obter entrevistas interesantes, e achegarvos todo o material que consideresemos interesante e de calidade relativo á gaita. Como saberedes, nin tan sequera o feito de conseguir fotografías de arquivo é sinxelo cando falamos da gaita. Polo de agora, o ‘esqueleto’ da web emprega imaxes saídas da propia rede, en moitos casos sin ningún xeito…

Estamos traballando nos nosos propios materiais, así como futuras funcionalidades, como a disponibilidade da web tamén en castelán para tódolos nosos amigos de latinoamérica, e por suposto da península: asturianos, aragoneses… Que si ben unha gaita de boto é ben diferente dunha galega, sona con igual beleza!

Sin máis, pedímosvos paciencia si vedes links rotos e cousas sin axeitar. Unha web destas características require de moito traballo, e facémolo literalmente por amor á arte!

Accede ao noso Arquivo

Gaiteiro amateur, deseñador senior — aínda que non o pareza —. Sigo cada día aprendendo e disfrutando, tanto da gaita coma do deseño! Para calquera suxerencia respecto á web, ou á vida en xeral, podedes utilizar as seguintes ligazóns.

Últimos Artigos

11 de Maio, 2022

15 de Maio, 2022