A Palleta
A Palleta
Pese á súa aparente sinxeleza, a palleta é si cabe, un dos elementos máis complexos no que respecta á gaita — galega ou non —. Ao igual que sucede no resto de instrumentos que coñecemos como ‘de lengüeta’, a gaita emprega a vibración de dito elemento para excitar a columna de aire no interior do punteiro, e resonar co seu poderío característico.
Polo xeral, é a única das lengüetas que emprega a gaita que é doble. No caso do resto de bordóns: o ronco, a ronqueta, e o chillón, empréganse lengüetas sinxelas, que coñecemos co nome de pallóns; si ben existen moitas gaitas que tradicionalmente e mesmo na actualidade empregan palletas no chillón, concedéndolles un timbre moi singular.
Sendo o enlace directo entre o aire que insuflamos dende o fol, e o aire que fará vibrar no punteiro, rápidamente podemos facer a asociación de que é si cadra, o elemento máis fundamental da gaita. Neste artigo imos ver por que, en que inflúe e como podemos influír nela no noso proveito.

A Palleta e a afinación
Para explicar o funcionamento da palleta ímonos ter que poñer un chisquiño técnicos, pero sin pasarnos. A finalidade deste artigo é aprender como funciona, e como se manipula, non coñecer o complexísimo fenómeno físico-armónico que fai que vos botedes ao chan cando sona A Camposa!
Simplificando moito e para que todos nos entendamos: canto maior é o instrumento, máis grave sona, e canto máis pequeno é, máis agudo. Este titular tan, tan reduccionista, corrobórase fácil cando comparamos unha tuba e unha trompeta… Pero dirá o ávido lector: «que terá esto que ver coa palleta». Moito! O xeito no que se producen as notas no punteiro é tapando, e destapando buracos, non é? Pois ahí o tedes. Canto maior é a columna de aire que vibra no interior do punteiro — con todolos buracos tapados — máis grave é a nota, e según vamos destapando buracos, chegamos ás notas máis agudas.
Tendo o anterior en conta, o primeiro que influirá na afinación á hora de poñela palleta é a altura á que a palleta está asentada no punteiro.
Meet The Team
Fixed Image & Skewed Background
Don't you think it's cool?
There are many variations of passages of Lorem Ipsum available, but the majority have suffered alteration in some form, by injected humour, or randomised words which don’t look even slightly believable. If you are going to use a passage of Lorem Ipsum, you need to be sure there isn’t anything embarrassing hidden in the middle of text. All the Lorem Ipsum generators on the Internet tend to repeat predefined chunks as necessary, making this the first true generator on the Internet.